jueves, 7 de abril de 2016

Saúde e alimentación

Hoxe no CEIP de Lousada seguimos fomentando o deporte co pograma "Máis e mellor actividade Física" que pertence o Plan Proxecta da Xunta. Ademáis o noso centro educativo desfruta do programa de "Aliméntate ben", por iso traballamos de forma interdisciplinar en donde os alumnos coñecen a imporancia de levar unha vida saudable e de ter un estilo de vida activo.

Dentro do horario lectivo realizamos as seguintes tarefas:

Xogo das vitaminas: Xogo de pilla con balóns de goma espuma de cores. Cada cor significa unha vitamina imporante que o noso corpo necesita diariamente. Pillan 4 e despois cambiamos os roles.

Fotografía 1. Escapa do sedentarismo.

Pilla o sedentarismo: Un alumno/a colocase cunha pelota de foam debaixo da camiseta simulando ser unha persoa con sobrepeso e comezará a pillar. O resto de nenos/as escaparán do sedentarismo correndo e movendose en todo momento. Aquel que se quede quedo totalmente ou sexa pillado pasará a ser o sedentarismo co balón debaixo da camiseta.

Fotografía 2. Día saudable ordeado.
Ordeamos o día saludable: Realízanse dous grupos de alumnos/as. Cada grupo deberá ir correndo un por un (a modo de relevos) hasta unha zona en donde existe papeles con diferentes tarefas diarias dun neno saudable. Cada papel por tanto describe unha tarefa tal como: "levantome e lavo a cara, almorzo saudable, lavo as mans antes de xantar, cepillo os dentes despois de xantar...)

Cada grupo deberá realizar unha carreira de relevos e ordear o día saudable ideal. Gañará aquel que o complete en menos tempo e que se poida observar una rutina diaria saudable.

Realizouse un pequeno balance da sesión e os alumnos/as comentaron sensacións. Posteriormente recordouse a importancia de realizar actividade física e de levar unha dieta equilibrada para mellorar a saúde das persoas.

Pasámolo moi ben e aprendemos de forma lúdica e divertida a importancia de comer equilibrado e de facer exercicio físico para estar sans.

Fotografía 3. Equipo laranxa e amarelo ordeando o día saudable.

Fotografía 4. A piques de rematar o día saudable.


No hay comentarios:

Publicar un comentario