miércoles, 27 de abril de 2016

Orientación espacial e figuras xeométricas

Hoxe fomentamos a interdisciplinariedade con outras áreas, en concreto traballaron da man a área de Matemáticas e de Educación Física, fomentando a orientación espacial, o coñecemento de aspectos topolóxicos básicos e diferentes figuras xeométricas.

A continuación compartimos imaxes dos alumnos e alumnas desfrutando das actividades.

Imaxe 1. Alumnos/as facendo un círculo cos seus corpos.

Imaxe 2. Alumnnos/as facendo un triángulo.

Imaxe 3. Alumnos/as facendo un rectángulo

domingo, 24 de abril de 2016

Alimentación, algo paralelo ao exercicio físico

Dende as etapas máis temperás, queremos fomentar unha aprendizaxe significativa. Abogando pola importancia do consumo de peixe e defendendo os múltiples beneficios que éste ten para nós.

Por iso, hoxe dende a aula, ca axuda dos mestres, estivemos a leer un conto moi divertido dos nosos amigos "Os bolechas", nel explícase como se obtén o peixe no mar, hasta a chegada a lonxa de Burela e que procesos sigue ata que chega o noso plato.

Despois de ver diferentes especies de peixes que se atopan nas nosas costas lucenses, comenzamos a debuxar e pintar algúns dos que aparecían no conto... e ¿sabedes qué? Xa sabemos distinguir varias especies de peixes ;)

 ¡Estamos desexando ter un no noso prato!

Imaxe 1. Traballamos cos Bolechas.

Imaxe 2. Traballamos cos Bolechas.

Imaxe 3. Traballamos cos Bolechas.

Aprendemos sobre exercicio e saúde na semana do libro

Na semana do libro estamos a realizar un traballo interdisciplinar entre todos os mestres. Por iso propuxemos dúas actividades paralelas. A continuación explicamos un pouco en qué consisten as mesmas:

- Creación dun libro no que o fío conductor seña o exercicio e a alimentación saudable.
- Creación dun libro no que o fío conductor seña o respeto hacia ás mascotas e os animais en xeral.

Unha vez o alumnado escriba cada quen o seu fragmento, deberán unilo para establecer certa coherencia ao conto. Posteriormente colgaremos neste blogue o resultado do mesmo.

Durante esta semana os alumnos e alumnas están moi motivados ca actividade e xa comenza a tomar forma cada un dos contos, no libro de exercicio e saúde o noso protagonista chámase Xaime...

¡qué ganas de ver cómo queda!

Imaxe 1. Libro de Xaime sobre exercicio e saúde.


Imaxe 2. Libro de Xaime sobre exercicio e saúde.

miércoles, 20 de abril de 2016

¡A mover o noso esqueleto!

A Psicomotricidade permite ao neno explorar e investigar, superar e transformar situacións de conflito, enfrontarse ás limitacións, relacionarse cos demais, coñecer e opoñerse aos seus medos, proxectar as súas fantasías, vivir os seus soños, desenvolver a iniciativa propia, asumir roles e gozar do xogo en grupo, e a expresarse con liberdade.

Imaxe 1. Alumno realizando circuito de psicomotricidade no tempo de lecer.


  • Tamén atopamos unha serie de beneficios que é importante traballar cos nenos como son:
  • Conciencia do propio corpo parado ou en movemento. 
  • Dominio do equilibrio. 
  • Control das diversas coordinacións motoras. 
  • Control da respiración. 
  • Orientación do espazo corporal. 
  • Adaptación ao mundo exterior. 
  • Mellora da creatividade e a expresión dunha forma xeral. 
  • Desenvolvemento do ritmo. 
  • Mellora da memoria. 
  • Dominio dos planos: horizontal e vertical. 
  • Nocións de intensidade, tamaño e situación.
  • Discriminación de cores, formas e tamaños. 
  • Nocións de situación e orientación. 
  • Organización do espazo e do tempo. 

Imaxe 2. Alumnos realizando circuito de psicomotricidade.

Imaxe 3. Alumnos realizando circuito de psicomotricidade.

 A través da psicomotricidade preténdese que o neno, á vez que se divirte, tamén desenvolver e perfeccione todas as súas habilidades motrices básicas e específicas. 

Hoxe, no CEIP de Lousada fixemos un circuíto moi entretido, no que os alumnos/as pasárono en grande desfrutando dun día de movemento e exercicio ca axuda dos mestres do centro.


martes, 19 de abril de 2016

¿Qué beneficios ten para nós o exercicio?

Inculcar aos nenos a práctica regular de exercicio físico desde moi pequenos, non só favorece o seu desenvolvemento físico e cognitivo, senón que lles achega outros beneficios importantes a curto, medio e longo prazo.
  • Non cabe dúbida de que os nenos que practican algún tipo de deporte son en xeral máis sans, felices e teñen mellor rendemento académico.  
  • Se practican algún deporte, aprenden a seguir regras e a crear hábitos. 
  • Socializanse e melloran as súas habilidades para relacionarse. 
  • Aumentan as súas habilidades motoras. 
  • Favorecen o seu desenvolvemento físico, co crecemento dos seus ósos e músculos. 
  • Pódense corrixir algúns defectos físicos. 
  • Dormen mellor. 
  • Afástalles do sedentarismo, reducindo o tempo que dedican á televisión e os videoxogos. 
  • Son máis sans, pois a práctica regular exercicio físico achégalles os mesmos beneficios para o organismo que aos adultos.
A responsabilidade dos pais é a de motivarlles desde moi pequenos, mesmo desde os dous anos, xogando con eles, ensinándolles a coñecer algúns deportes practicándoos xuntos. Máis adiante serán eles os que elixan cal é o que máis lles gusta.

O importante é que medren coa inquietude por desenvolver algunha actividade física e, se é con outros nenos, mellor. Non hai un deporte mellor que outro.  O importante é que o neno senta a gusto e divírtase co que elixiu, aínda que para os pais supoña o esforzo de levalos e acompañalos ao lugar onde o practican. Neste sentido, é importante que a práctica dun deporte estea supervisada por un especialista (adestrador ou profesor) co fin de marcar os seus límites e evitar excesos que poidan resultar prexudiciais.

Imaxe 1. Xogamos e divertimonos cun xogo de pilla


Imaxe 2. Alumnos de Educación Primaria xogando co programa "Máis e mellor actividade física" da Xunta de Galicia


 A Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda unha hora de exercicio físico moderado ao día, para nenos de entre 5 e 17 anos, pero tamén sinala que incrementar o tempo dedicado á súa práctica unicamente achega beneficios para a súa saúde. Nos máis pequenos os deportes aeróbicos son os máis adecuados, pois lles axuda a desenvolver a súa coordinación, elasticidade, equilibrio e sentido do ritmo (artes marciais, paseos en bicicleta, xogos no parque, excursións, etc.). A partir dos 7-10 anos os deportes de equipo e a competición poden supoñer un estímulo moi adecuado, fomentando o esforzo, a disciplina e a competitividade, á vez que lles permite instaurar o hábito do exercicio físico e mantelo cando sexan maiores.

Imaxe 3. Xogos de capacidade de reacción e velocidade. Traballando os relevos.

martes, 12 de abril de 2016

Recordamos a importancia de realizar exercicio físico

No día de hoxe fomentamos nos máis pequenos a importancia de realizar actividade física. Decoramos con pitura de dedos un neno xogando cunha pelota, realizando actividades previas e posteriores de análise e balance de tarefa.

Os alumnos/ass aprenderon de forma lúdica o importante que é realizar exercicio na rutina diaria dun neno ou nena.

Imagen 1. Alumnos/as de Educación Infantil aprendendo a importancia do exercicio na saúde

jueves, 7 de abril de 2016

Saúde e alimentación

Hoxe no CEIP de Lousada seguimos fomentando o deporte co pograma "Máis e mellor actividade Física" que pertence o Plan Proxecta da Xunta. Ademáis o noso centro educativo desfruta do programa de "Aliméntate ben", por iso traballamos de forma interdisciplinar en donde os alumnos coñecen a imporancia de levar unha vida saudable e de ter un estilo de vida activo.

Dentro do horario lectivo realizamos as seguintes tarefas:

Xogo das vitaminas: Xogo de pilla con balóns de goma espuma de cores. Cada cor significa unha vitamina imporante que o noso corpo necesita diariamente. Pillan 4 e despois cambiamos os roles.

Fotografía 1. Escapa do sedentarismo.

Pilla o sedentarismo: Un alumno/a colocase cunha pelota de foam debaixo da camiseta simulando ser unha persoa con sobrepeso e comezará a pillar. O resto de nenos/as escaparán do sedentarismo correndo e movendose en todo momento. Aquel que se quede quedo totalmente ou sexa pillado pasará a ser o sedentarismo co balón debaixo da camiseta.

Fotografía 2. Día saudable ordeado.
Ordeamos o día saludable: Realízanse dous grupos de alumnos/as. Cada grupo deberá ir correndo un por un (a modo de relevos) hasta unha zona en donde existe papeles con diferentes tarefas diarias dun neno saudable. Cada papel por tanto describe unha tarefa tal como: "levantome e lavo a cara, almorzo saudable, lavo as mans antes de xantar, cepillo os dentes despois de xantar...)

Cada grupo deberá realizar unha carreira de relevos e ordear o día saudable ideal. Gañará aquel que o complete en menos tempo e que se poida observar una rutina diaria saudable.

Realizouse un pequeno balance da sesión e os alumnos/as comentaron sensacións. Posteriormente recordouse a importancia de realizar actividade física e de levar unha dieta equilibrada para mellorar a saúde das persoas.

Pasámolo moi ben e aprendemos de forma lúdica e divertida a importancia de comer equilibrado e de facer exercicio físico para estar sans.

Fotografía 3. Equipo laranxa e amarelo ordeando o día saudable.

Fotografía 4. A piques de rematar o día saudable.


martes, 5 de abril de 2016

¿E se nos movemos?

Durante o día de hoxe, tanto os mestres de Ciencias Sociais da etapa de Educación Primaria, coma eu mesmo, fomentamos a actividade física durante o recreo, logo dun día frío e de choiva xogamos ao tenis de mesa no interior do colexio. Fomentando a participación do alumnado.

Ademáis, dentro de cada unha das áreas de Ciencias Sociais e de Educación Física abogamos pola importancia que supón a actividade física para a saúde das persoas e para a mellora da condición física.

Porén realizamos unha serie de tarefas onde se mellora a velocidade e a capacidade de reacción. Todas estas tarefas teñen un componente lúdico moi relevante, seguindo as orientacións pedagóxicas establecidas no Decreto 105/2014 de 4 de setembro.

A continuación deixamos unhas pequenas ilustracións desta data, en donde os nenos e nenas desfrutaron dun día en movemento traballando as capacidades físicas mediante o xogo.

Ilustración 1. Alumnos de EP desfrutando dun dos xogos propostos.

Ilustración 2. Alumnos de EP desfrutando dun dos xogos propostos.

Partidas de PingPong ante o frío

Hoxe no CEIP de Lousada tivemos un xoves marcado pola choiva e polo frío. Incluso cando chegamos o centro educativo atopámonos a entrada chea de neve. 
Maila iso era un día estupendo para fomentar a actividade física. No horario lectivo, dispoñémonos a practicar un dos deportes que máis nos gusta practicar no interior do colexio: o tenis de mesa.
Por parellas seguimos a practicar PingPong, en compañía dos mestres do colexio. Con isto bucamos que se fomente a coordinación óculo-manual e a motricidade fina nos alumnos/as, pero sobre todo que se fomenten situacións de colaboración e traballo en parellas. Esta disciplina deportiva facilítanos ademáis vivenciar situación de colaboración/oposición cos demáis nenos/as. 
Ademáis, un alumno/a fai de árbitro en numerosas ocasións o que facilita o desenvolvemento correcto das normas do xogo. Normas que temos presentes no lugar en todo momento. 

Melloramos a condición física xogando

Nesta semana fomentamos a condición física, reforzando a Unidade Didáctica desenvolta na área de Educación Física. Polo que dentro do horario lectivo, incrementamos a práctica de actividade con xogos de relevos e tarefas que requiren de forza reactiva, velocidade e capacidade de reacción. Estas tarefas son moi motivantes para os alumnos/as porque aparece a competitividade. Dita competitividade aparece para traballar as conductas de compañerismo e colaboración/oposición.
No pabellón do centro educativo, traballamos por tanto ditas actividades, empregando como materiais (aros, pelotas, conos e petos).
Dentro das actividades facemos tamén un balance das sesións, facendo referencia ao respeto polas normas e polos compañeiros, abogando polo xogo limpo e a responsabilidade. 

+ Movemento no horario lectivo

No centro educativo, aproveitamos certas horas do horario lectivo para incrementar a actividade física nos nosos alumnos/as. Porén decidimos apostar por actividade física activa para de este xeito fomentar o deporte e a saúde. 
Dentro destas actividades de movemento físico, fomentamos tamén o ambito cognitivo, xa que teñen que establecer decisións de forma individual e colectiva para fomentar o aprendizaxe significativo e en definitiva a adquisición das competencias clave.
Na fotografía podese apreciar un dos xogos de carácter lúdico no que cada equipo debe facer tres en raia para conseguir gañar o xogo. Ademáis comezamos a fomentar o respeto polas normas, polo compañeiro e adversarios. 
Na fase de información da sesión incídese por tanto, no respeto por todos estos aspectos anteriormente comentados.

Más movemento, máis saúde

Ola a todos e todas, ao longo deste blogue, compartiremos un resumo de todas as actividades relacionadas co plan proxecta "Máis e mellor actividade física" desenvoltas durante o presente curso escolar 2015-2016 no CEIP de Lousada.


Na sociedade na que vivimos faise fundamental facer actividade física e aproveitar os tempos mortos dentro do ámbito educativo para fomentar o deporte e actividade física. Os beneficios do exercicio son máis que notables e moi relevantes en etapas de curta idade como a de Educación Infantil ou Educación Primaria.
Porén, dende o CEIP de Lousada queremos fomentar o exercicio e a actividade física dentro do tempo en que os alumnos e alumnas permanecen no centro educativo. A área de Ciencias Sociais e a de Educación Física traballarán da man, de xeito interdisciplinar, buscando o incremento de actividade física de forma semanal. O principal obxectivo será educar en valores na actividade física e no deporte, aprendendo a xogar de forma limpa, respectando as normas, ao rival e a cada un dos compañeiros e compañeiras. É dicir, fomentando a competencia clave aprender a aprender, buscando adquirir nocións moi importantes non só no deporte senón na vida diaria. 

¿Cales son os obxectivos do programa? 

- Fomentar a práctica de actividade física nos alumnos e alumnas do centro.
- Participar en actividades físicas de forma interdisciplinar e con colaboración de todos os mestres do centro.
- Incrementar a práctica de actividade física dentro do horario lectivo.
- Mellorar a condición física e a saúde dos alumnos e alumnas do centro educativo.
- Colaborar o mestres que imparten Ciencias Sociais para fomentar a actividade física xunto ao mestre especialista de Educación Física.
- Coñecer a importancia de respetar as normas no deporte, colaborando cos compañeiros e respetando ó rival.

Máis información

Dende o centro buscaremos un traballo colaborativo e sobre todo participativo, empregaranse certas horas da área de Ciencias Sociais, colaborando co mestre de educación física e o propio da área de Ciencias Sociais para incrementar a actividad física semanal. De igual xeito buscarase sobre todo unha educación en valores, respetando as normas do xogo, aos compañeiros e ós rivais.
Que propoña actividades de práctica activa e motivante para que o alumnado se mova durante as actividades e se beneficie da práctica do deporte.
Os alumnos/as deben aprender a valorar a influencia da actividade física ademáis de adoptar hábitos adecuados dentro das actividades que se propoñen.
Realizaremos tarefas encamiñadas a acadalos obxectivos propostos, mediante unha metodoloxía variada, activa, participativa e motivante. Todos os mestres participaremos buscando conseguir unha aprendizaxe significativa e propoñendo un traballo semanal que incremente o tempo adicado á práctica de exercicio e de actividade física. 
O programa levarase a cabo mediante recursos propios e facilitados polo propio programa máis e mellor actividade física, coa colaboración dos mestres do CEIP de Lousada.
En todo momento buscarase que os nenos e nenas do centro traballen dentro dos espazos adicados a fomentar o deporte mostrando actitudes críticas e respetuosas tanto dentro como fora dos momentos adicados a facer exercicio físico. Ademáis a propia avaliación do proxecto correrá a cargo de todos os docentes involucrados no mesmo, sendo coordinada a actividade por un deles. Xa que o traballo será interdisciplinar, a área de Ciencias Sociais e Educación Física camiñarán da mao para buscar unha aprendizaxe significativa e que logre inculcar aos nenos e nenas a importancia de realizar actividade física de forma axeitada.
Observarase a adquisición das competencias clave dentro do propio proxecto, buscando unha aprendizaxe significativa e facendo fincapé nos seguintes aspectos:
- Participa nas diferentes actividades propostas polo centro mostrando unha actitude adecuada de cara ás mesmas.
- Recoñece a importancia de practicar actividade física para a saúde.
- Respeta aos compañeiros e as normas propias do xogo.


Ping Pong, aprendemos as normas

Comezamos o programa de máis e mellor actividade física, habilitando unha zona para a práctica do PingPong, establecendo inicialmente o coñecemento das normas deste xogo que esixe boa coordinación óculo manual. 
Alumnos do centro xogando ao tenis de mesa.

Coñecemos as normas do tenis de mesa

Ao tenis de Mesa ou tamén chamado PingPong xogase nunha mesa lisa cunha pequena rede que divide a mesa pola metade. En xogos por parellas cada un saca en diagonal de dereita a esquerda da mesa.
O Servicio: o servicio comenzará ca pelota descansando libremente sobre a palma aberta e inmóvil da mao libre do servidor. Despois, o servidor lanzará a pelota hacia arriba o máis verticalmetne posible, sin imprimirlle efecto, de maneira que se eleve alo menos 16 cm tras saír da palma da mao libre e logo caiga sen tocar nada antes de ser golpeada. Cando a pelota está descendendo, o servidor golpeará de forma que toque primeiro o seu campo e despois de pasar por encima ao redor do conxunto da rede.
O Ganador: ganará un xogo o xogador ou parella que primeiro alcance os 11 tantos, excepto cando ambos xogadores ou parellas consigan 10 tantos; nese caso, ganará o xogo o primeiro xogador ou parella que posteriormente obtenga 2 tantos de diferencia. 
O Tanto:  unha vez que a pelota está en xogo comenzan o período que se denomina rally. Cada xogador va golpeando a pelota para pasala ao lado do oponente. A pelota pode ir de un lado a outro de forma indefinida. 
Cando golpees a pelota, non pode botar no teu lado pero sí pode dar un bote no lado do oponente; igualmente, cando o openen golpea a pelota, non pode botar no seu lado pero ti podes deixar que bote unha vez no teu lado antes de que a golpees.
Ganas punto si:
  • Golpeas a pelota e da dous botes ou máis no lado del oponente.
  • O adversario golpea a pelota e esta cae fora da mesa sin que haya botado antes no teu lado da mesa e sen que a golpees ti antes.
  • O oponente golpea a pelota e bota primeiro no seu lado da mesa.
  • En calquera caso, entendese que a pelota cae fora se toca o chan, parede ou o techo.