domingo, 24 de abril de 2016

Aprendemos sobre exercicio e saúde na semana do libro

Na semana do libro estamos a realizar un traballo interdisciplinar entre todos os mestres. Por iso propuxemos dúas actividades paralelas. A continuación explicamos un pouco en qué consisten as mesmas:

- Creación dun libro no que o fío conductor seña o exercicio e a alimentación saudable.
- Creación dun libro no que o fío conductor seña o respeto hacia ás mascotas e os animais en xeral.

Unha vez o alumnado escriba cada quen o seu fragmento, deberán unilo para establecer certa coherencia ao conto. Posteriormente colgaremos neste blogue o resultado do mesmo.

Durante esta semana os alumnos e alumnas están moi motivados ca actividade e xa comenza a tomar forma cada un dos contos, no libro de exercicio e saúde o noso protagonista chámase Xaime...

¡qué ganas de ver cómo queda!

Imaxe 1. Libro de Xaime sobre exercicio e saúde.


Imaxe 2. Libro de Xaime sobre exercicio e saúde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario