martes, 5 de abril de 2016

¿E se nos movemos?

Durante o día de hoxe, tanto os mestres de Ciencias Sociais da etapa de Educación Primaria, coma eu mesmo, fomentamos a actividade física durante o recreo, logo dun día frío e de choiva xogamos ao tenis de mesa no interior do colexio. Fomentando a participación do alumnado.

Ademáis, dentro de cada unha das áreas de Ciencias Sociais e de Educación Física abogamos pola importancia que supón a actividade física para a saúde das persoas e para a mellora da condición física.

Porén realizamos unha serie de tarefas onde se mellora a velocidade e a capacidade de reacción. Todas estas tarefas teñen un componente lúdico moi relevante, seguindo as orientacións pedagóxicas establecidas no Decreto 105/2014 de 4 de setembro.

A continuación deixamos unhas pequenas ilustracións desta data, en donde os nenos e nenas desfrutaron dun día en movemento traballando as capacidades físicas mediante o xogo.

Ilustración 1. Alumnos de EP desfrutando dun dos xogos propostos.

Ilustración 2. Alumnos de EP desfrutando dun dos xogos propostos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario