martes, 24 de mayo de 2016

Rematamos o noso código da non violencia

Hoxe, fixemos unha sesión moi entretida logo de rematar o noso "Código da non violencia no deporte en Lousada". Mediante esta proposta os alumnos/as redactamos, puxemos en común e posteriormente deseñamos o noso particular código da non violencia no deporte e no xogo.

Aprendemos unha gran variedade de Elementos Transversais presentes no Decreto 105/2014, a demáis de traballar numerosas competencias clave presentes no currículum.

A Educación en valores e algo fundamental na nosa sociedade, por iso, mediante este tipo de propostas, podemos educar aos alumnos/as fomentando o respecto polo compañeiro/a, polo adversario e en definitiva abogar polo respeto das normas e polo xogo limpo.

Dentro do noso código, non existe espazo para as trampas, as faltas de respeto o compañeiro/a ou ó adversario. Buscamos que o clima dentro dos espacios de lecer, dentro da práctica deportiva seña cada día mellor e que se establezca ademáis unha transferencia a vida cotiá, fomentando deste xeito unha aprendizaxe significativa.

Cada alumno e alumna leva para a súa casa o código da non violencia elaborado no centro educativo entre todos os compañeiros/as. Deste xeito poderá telo presente no fogar, para levar a cabo fora tamén do centro escolar.

Ademáis, nas paredes do noso centro estará presente unha copia do Código da Non Violencia, preto das instalacións deportivas, para que no momento en que ocorra algún comportamento contrario as conductas polas que abogamos, se poida recurrir a el e deste xeito o alumno poida concienciarse do erro cometido.

Imaxe 1. Alumnos/as amosando o código da Non Violencia 
Imaxe 2. Alumnos/as compartido o código da Non Violencia

Imaxe 3. Código da Non Violencia no Deporte


jueves, 19 de mayo de 2016

Deseñamos un código da Non Violencia no Deporte

Dentro do CEIP de Lousada, comezamos a diseñar un código da non violencia no xogo e no deporte. Entre todos buscamos chegar a un acordo para facer un código común para o centro educativo.

Cada alumno/a, pensa e escribe unha serie de aspectos que non se poden dar no deporte, posteriormente poñeremolos todos en común e entre todos, fomentando o acordo e a coherencia xeral estableceremos un código da non violencia para o CEIP de Lousada.

Mediante esta actividade fomentaremos as seguintes Competencias Clave establecidas no Decreto 105/2014 de 4 de setembro:

- Competencia en Aprender a Aprender.
- Competencia Social e Cívica. 
- Competencia en Sentido da Iniciativa e Espírito Emprendedor.

Imaxe 1. Alumnos/as escribindo as súas pautas para o código da non violencia no deporte.

Imaxe 2. Alumnos/as escribindo o código da non violencia.

Imaxe 3. Alumno de 1º de EP escribindo o código da Non Violencia no deporte.

Coñecemos cómo se alimenta "Pepa Pig"

As froitas e verduras pertencen ao grupo dos hidratos de carbono. As froitas achégannos acedo ascórbico (vitamina C) ademais doutros antioxidantes como os flavonoides. Tamén nos achegan fibra de tipo soluble que nos axudará a mellorar a función intestinal. Doutra banda, as verduras son unha fonte importante de potasio, magnesio, fibra, folatos e vitaminas A e C. Algunhas nos achegan calcio e ferro.

A OMS recomenda tomar polo menos 5 racións de froitas e verduras por persoa e día, é dicir, unhas 25 racións semanais.  Para conseguir un aumento do consumo de froitas e verduras nesta etapa, a función das familias e a escola é esencial.

No día de hoxe, os alumnos/as de Educación Infantil coñecemos como Pepa Pig come 5 pezas de froita ao día e fai exercicio físico.

Pepa disfruta xogando cos seus amigos, xogando ca pelota, andando, montando en bicicleta e moitas máis actividades. Todo isto aprendémolo nunha xornada moi entretida aproveitando a figura da nosa amiga Pepa.

Os nosos alumnos/as xa recoñecen a importancia de realizar exercicio e comer froita para obter grandes beneficios na nosa saúde.

Imaxe 1. Consellos de Exercicio e Alimentación de Pepa Pig.

Imaxe 2. Debuxos dos alumnos/as sobre a importancia de realizar exercicio e comer froita.

lunes, 9 de mayo de 2016

¿Coñecedes a Xaime, o neno saudable?

Aproveitando que no centro estamos a traballar o plan Proxecta "Máis e mellor actividade física", comezamos a crear un conto coincidindo ca semana do libro. 

Os mestres do centro deixamos unha serie de pautas para fomentar as seguintes competencias clave recollidas no Decreto 105/2014 de 4 de setembro:
  • Compentecia en Sentido da Iniciativa e Espírito Emprendedor: cada alumno/a debe ter creeatividade e iniciativa para desenvolver un fragmento acorde a temática pautada polos mestres.
  • Competencia Social e Cívica: os alumnos e alumnas do CEIP de Lousada deben porse de acordo. O conto debe ter certa coherencia interna, porén cada fragmento debe estar correctamente entrelazado.
  • Competencia Lingüística: con esta proposta educativa os nenos e nenas traballarán esta competencia, ao ter que redactar eles mesmos o conto. Ademáis fomentarase de igual xeito a comprensión lectora.
  • Competencia Aprender a Aprender: fomentar o aprendizaxe e incidir en estratexias que lle permitan ao alumno aprender por sí mesmo fai que o ensino sexa moito máis significativo. Mediante dita proposta educativa buscase unha transferencia positiva e unha aprendizaxe significativa.
Ademáis de todo isto, esta actividade serve para fomentar a importancia de realizar exercicio físico dende nenos, abogando por unha dieta saudable e equilibrada.


Xaime, O Neno Saudable

lunes, 2 de mayo de 2016

Viaxa o exercicio na Mochila viaxeira


Dende o comezo do curso, está a visitar as casas dos alumnos e alumnas a nosa mochila viaxeira.

Aproveitando que fomentamos semanalmente a lectura con esta proposta educativa, mostramos aos nenos/as libros nos que vexan e coñezan o corpo humano, inculcado a importancia de realizar exercicio físico para manter un organismo san.

Imaxe 1. A nosa mochila viaxeira visita as casas dos escolares do CEIP de Lousada.