martes, 5 de abril de 2016

Más movemento, máis saúde

Ola a todos e todas, ao longo deste blogue, compartiremos un resumo de todas as actividades relacionadas co plan proxecta "Máis e mellor actividade física" desenvoltas durante o presente curso escolar 2015-2016 no CEIP de Lousada.


Na sociedade na que vivimos faise fundamental facer actividade física e aproveitar os tempos mortos dentro do ámbito educativo para fomentar o deporte e actividade física. Os beneficios do exercicio son máis que notables e moi relevantes en etapas de curta idade como a de Educación Infantil ou Educación Primaria.
Porén, dende o CEIP de Lousada queremos fomentar o exercicio e a actividade física dentro do tempo en que os alumnos e alumnas permanecen no centro educativo. A área de Ciencias Sociais e a de Educación Física traballarán da man, de xeito interdisciplinar, buscando o incremento de actividade física de forma semanal. O principal obxectivo será educar en valores na actividade física e no deporte, aprendendo a xogar de forma limpa, respectando as normas, ao rival e a cada un dos compañeiros e compañeiras. É dicir, fomentando a competencia clave aprender a aprender, buscando adquirir nocións moi importantes non só no deporte senón na vida diaria. 

¿Cales son os obxectivos do programa? 

- Fomentar a práctica de actividade física nos alumnos e alumnas do centro.
- Participar en actividades físicas de forma interdisciplinar e con colaboración de todos os mestres do centro.
- Incrementar a práctica de actividade física dentro do horario lectivo.
- Mellorar a condición física e a saúde dos alumnos e alumnas do centro educativo.
- Colaborar o mestres que imparten Ciencias Sociais para fomentar a actividade física xunto ao mestre especialista de Educación Física.
- Coñecer a importancia de respetar as normas no deporte, colaborando cos compañeiros e respetando ó rival.

Máis información

Dende o centro buscaremos un traballo colaborativo e sobre todo participativo, empregaranse certas horas da área de Ciencias Sociais, colaborando co mestre de educación física e o propio da área de Ciencias Sociais para incrementar a actividad física semanal. De igual xeito buscarase sobre todo unha educación en valores, respetando as normas do xogo, aos compañeiros e ós rivais.
Que propoña actividades de práctica activa e motivante para que o alumnado se mova durante as actividades e se beneficie da práctica do deporte.
Os alumnos/as deben aprender a valorar a influencia da actividade física ademáis de adoptar hábitos adecuados dentro das actividades que se propoñen.
Realizaremos tarefas encamiñadas a acadalos obxectivos propostos, mediante unha metodoloxía variada, activa, participativa e motivante. Todos os mestres participaremos buscando conseguir unha aprendizaxe significativa e propoñendo un traballo semanal que incremente o tempo adicado á práctica de exercicio e de actividade física. 
O programa levarase a cabo mediante recursos propios e facilitados polo propio programa máis e mellor actividade física, coa colaboración dos mestres do CEIP de Lousada.
En todo momento buscarase que os nenos e nenas do centro traballen dentro dos espazos adicados a fomentar o deporte mostrando actitudes críticas e respetuosas tanto dentro como fora dos momentos adicados a facer exercicio físico. Ademáis a propia avaliación do proxecto correrá a cargo de todos os docentes involucrados no mesmo, sendo coordinada a actividade por un deles. Xa que o traballo será interdisciplinar, a área de Ciencias Sociais e Educación Física camiñarán da mao para buscar unha aprendizaxe significativa e que logre inculcar aos nenos e nenas a importancia de realizar actividade física de forma axeitada.
Observarase a adquisición das competencias clave dentro do propio proxecto, buscando unha aprendizaxe significativa e facendo fincapé nos seguintes aspectos:
- Participa nas diferentes actividades propostas polo centro mostrando unha actitude adecuada de cara ás mesmas.
- Recoñece a importancia de practicar actividade física para a saúde.
- Respeta aos compañeiros e as normas propias do xogo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario