martes, 5 de abril de 2016

+ Movemento no horario lectivo

No centro educativo, aproveitamos certas horas do horario lectivo para incrementar a actividade física nos nosos alumnos/as. Porén decidimos apostar por actividade física activa para de este xeito fomentar o deporte e a saúde. 
Dentro destas actividades de movemento físico, fomentamos tamén o ambito cognitivo, xa que teñen que establecer decisións de forma individual e colectiva para fomentar o aprendizaxe significativo e en definitiva a adquisición das competencias clave.
Na fotografía podese apreciar un dos xogos de carácter lúdico no que cada equipo debe facer tres en raia para conseguir gañar o xogo. Ademáis comezamos a fomentar o respeto polas normas, polo compañeiro e adversarios. 
Na fase de información da sesión incídese por tanto, no respeto por todos estos aspectos anteriormente comentados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario