martes, 5 de abril de 2016

Partidas de PingPong ante o frío

Hoxe no CEIP de Lousada tivemos un xoves marcado pola choiva e polo frío. Incluso cando chegamos o centro educativo atopámonos a entrada chea de neve. 
Maila iso era un día estupendo para fomentar a actividade física. No horario lectivo, dispoñémonos a practicar un dos deportes que máis nos gusta practicar no interior do colexio: o tenis de mesa.
Por parellas seguimos a practicar PingPong, en compañía dos mestres do colexio. Con isto bucamos que se fomente a coordinación óculo-manual e a motricidade fina nos alumnos/as, pero sobre todo que se fomenten situacións de colaboración e traballo en parellas. Esta disciplina deportiva facilítanos ademáis vivenciar situación de colaboración/oposición cos demáis nenos/as. 
Ademáis, un alumno/a fai de árbitro en numerosas ocasións o que facilita o desenvolvemento correcto das normas do xogo. Normas que temos presentes no lugar en todo momento. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario