martes, 5 de abril de 2016

Melloramos a condición física xogando

Nesta semana fomentamos a condición física, reforzando a Unidade Didáctica desenvolta na área de Educación Física. Polo que dentro do horario lectivo, incrementamos a práctica de actividade con xogos de relevos e tarefas que requiren de forza reactiva, velocidade e capacidade de reacción. Estas tarefas son moi motivantes para os alumnos/as porque aparece a competitividade. Dita competitividade aparece para traballar as conductas de compañerismo e colaboración/oposición.
No pabellón do centro educativo, traballamos por tanto ditas actividades, empregando como materiais (aros, pelotas, conos e petos).
Dentro das actividades facemos tamén un balance das sesións, facendo referencia ao respeto polas normas e polos compañeiros, abogando polo xogo limpo e a responsabilidade. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario