miércoles, 20 de abril de 2016

¡A mover o noso esqueleto!

A Psicomotricidade permite ao neno explorar e investigar, superar e transformar situacións de conflito, enfrontarse ás limitacións, relacionarse cos demais, coñecer e opoñerse aos seus medos, proxectar as súas fantasías, vivir os seus soños, desenvolver a iniciativa propia, asumir roles e gozar do xogo en grupo, e a expresarse con liberdade.

Imaxe 1. Alumno realizando circuito de psicomotricidade no tempo de lecer.


  • Tamén atopamos unha serie de beneficios que é importante traballar cos nenos como son:
  • Conciencia do propio corpo parado ou en movemento. 
  • Dominio do equilibrio. 
  • Control das diversas coordinacións motoras. 
  • Control da respiración. 
  • Orientación do espazo corporal. 
  • Adaptación ao mundo exterior. 
  • Mellora da creatividade e a expresión dunha forma xeral. 
  • Desenvolvemento do ritmo. 
  • Mellora da memoria. 
  • Dominio dos planos: horizontal e vertical. 
  • Nocións de intensidade, tamaño e situación.
  • Discriminación de cores, formas e tamaños. 
  • Nocións de situación e orientación. 
  • Organización do espazo e do tempo. 

Imaxe 2. Alumnos realizando circuito de psicomotricidade.

Imaxe 3. Alumnos realizando circuito de psicomotricidade.

 A través da psicomotricidade preténdese que o neno, á vez que se divirte, tamén desenvolver e perfeccione todas as súas habilidades motrices básicas e específicas. 

Hoxe, no CEIP de Lousada fixemos un circuíto moi entretido, no que os alumnos/as pasárono en grande desfrutando dun día de movemento e exercicio ca axuda dos mestres do centro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario