martes, 24 de mayo de 2016

Rematamos o noso código da non violencia

Hoxe, fixemos unha sesión moi entretida logo de rematar o noso "Código da non violencia no deporte en Lousada". Mediante esta proposta os alumnos/as redactamos, puxemos en común e posteriormente deseñamos o noso particular código da non violencia no deporte e no xogo.

Aprendemos unha gran variedade de Elementos Transversais presentes no Decreto 105/2014, a demáis de traballar numerosas competencias clave presentes no currículum.

A Educación en valores e algo fundamental na nosa sociedade, por iso, mediante este tipo de propostas, podemos educar aos alumnos/as fomentando o respecto polo compañeiro/a, polo adversario e en definitiva abogar polo respeto das normas e polo xogo limpo.

Dentro do noso código, non existe espazo para as trampas, as faltas de respeto o compañeiro/a ou ó adversario. Buscamos que o clima dentro dos espacios de lecer, dentro da práctica deportiva seña cada día mellor e que se establezca ademáis unha transferencia a vida cotiá, fomentando deste xeito unha aprendizaxe significativa.

Cada alumno e alumna leva para a súa casa o código da non violencia elaborado no centro educativo entre todos os compañeiros/as. Deste xeito poderá telo presente no fogar, para levar a cabo fora tamén do centro escolar.

Ademáis, nas paredes do noso centro estará presente unha copia do Código da Non Violencia, preto das instalacións deportivas, para que no momento en que ocorra algún comportamento contrario as conductas polas que abogamos, se poida recurrir a el e deste xeito o alumno poida concienciarse do erro cometido.

Imaxe 1. Alumnos/as amosando o código da Non Violencia 
Imaxe 2. Alumnos/as compartido o código da Non Violencia

Imaxe 3. Código da Non Violencia no Deporte


No hay comentarios:

Publicar un comentario