jueves, 19 de mayo de 2016

Coñecemos cómo se alimenta "Pepa Pig"

As froitas e verduras pertencen ao grupo dos hidratos de carbono. As froitas achégannos acedo ascórbico (vitamina C) ademais doutros antioxidantes como os flavonoides. Tamén nos achegan fibra de tipo soluble que nos axudará a mellorar a función intestinal. Doutra banda, as verduras son unha fonte importante de potasio, magnesio, fibra, folatos e vitaminas A e C. Algunhas nos achegan calcio e ferro.

A OMS recomenda tomar polo menos 5 racións de froitas e verduras por persoa e día, é dicir, unhas 25 racións semanais.  Para conseguir un aumento do consumo de froitas e verduras nesta etapa, a función das familias e a escola é esencial.

No día de hoxe, os alumnos/as de Educación Infantil coñecemos como Pepa Pig come 5 pezas de froita ao día e fai exercicio físico.

Pepa disfruta xogando cos seus amigos, xogando ca pelota, andando, montando en bicicleta e moitas máis actividades. Todo isto aprendémolo nunha xornada moi entretida aproveitando a figura da nosa amiga Pepa.

Os nosos alumnos/as xa recoñecen a importancia de realizar exercicio e comer froita para obter grandes beneficios na nosa saúde.

Imaxe 1. Consellos de Exercicio e Alimentación de Pepa Pig.

Imaxe 2. Debuxos dos alumnos/as sobre a importancia de realizar exercicio e comer froita.

No hay comentarios:

Publicar un comentario