lunes, 9 de mayo de 2016

¿Coñecedes a Xaime, o neno saudable?

Aproveitando que no centro estamos a traballar o plan Proxecta "Máis e mellor actividade física", comezamos a crear un conto coincidindo ca semana do libro. 

Os mestres do centro deixamos unha serie de pautas para fomentar as seguintes competencias clave recollidas no Decreto 105/2014 de 4 de setembro:
  • Compentecia en Sentido da Iniciativa e Espírito Emprendedor: cada alumno/a debe ter creeatividade e iniciativa para desenvolver un fragmento acorde a temática pautada polos mestres.
  • Competencia Social e Cívica: os alumnos e alumnas do CEIP de Lousada deben porse de acordo. O conto debe ter certa coherencia interna, porén cada fragmento debe estar correctamente entrelazado.
  • Competencia Lingüística: con esta proposta educativa os nenos e nenas traballarán esta competencia, ao ter que redactar eles mesmos o conto. Ademáis fomentarase de igual xeito a comprensión lectora.
  • Competencia Aprender a Aprender: fomentar o aprendizaxe e incidir en estratexias que lle permitan ao alumno aprender por sí mesmo fai que o ensino sexa moito máis significativo. Mediante dita proposta educativa buscase unha transferencia positiva e unha aprendizaxe significativa.
Ademáis de todo isto, esta actividade serve para fomentar a importancia de realizar exercicio físico dende nenos, abogando por unha dieta saudable e equilibrada.


Xaime, O Neno Saudable

No hay comentarios:

Publicar un comentario