Cada alumno/a, pensa e escribe unha serie de aspectos que non se poden dar no deporte, posteriormente poñeremolos todos en común e entre todos, fomentando o acordo e a coherencia xeral estableceremos un código da non violencia para o CEIP de Lousada.
Mediante esta actividade fomentaremos as seguintes Competencias Clave establecidas no Decreto 105/2014 de 4 de setembro:
- Competencia en Aprender a Aprender.
- Competencia Social e Cívica.
- Competencia en Sentido da Iniciativa e Espírito Emprendedor.
Imaxe 1. Alumnos/as escribindo as súas pautas para o código da non violencia no deporte. |
Imaxe 2. Alumnos/as escribindo o código da non violencia. |
Imaxe 3. Alumno de 1º de EP escribindo o código da Non Violencia no deporte. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario