jueves, 16 de junio de 2016

Orientámonos en Lousada

A Orientación na área da Educación Física debemos expola como unha actividade que ao finalizar permitirá aos alumnos desenvolverse con maior autonomía no medio natural; que a descubrirán como un método de desenvolvemento da condición física moito máis entretido e divertido que outros que xa coñecían; que lles servirá para ampliar os seus coñecementos en determinados temas (mapas, xeografía, compases, ...); que lles permitirá ampliar o abanico de actividades que tiñan para ocupar o seu tempo de lecer (maiores posibilidades no sendeirismo, excursionismo, acampadas, excursións en bicicleta, ...) e, por último permitiralles coñecer en maior ou menor profundidade un deporte que era descoñecido para a maioría e poder participar nas súas competicións.

A Orientación proporcionará aos nosos alumnos unha motivación máis á hora de tomar contacto co medio natural.

Dentro do CEIP de Lousada, divertímonos moito buscando no mapa un sin fin de "Tesouros" que por equipos poidemos atopar, axudándonos para iso dun mapa e do noso sentido da orientación no espazo.

Aspectos positivos da Orientación no espazo


É unha actividade que permite un enfoque REAL e PRÁCTICO das actividades no medio.

A través da Orientación ofrecemos aos alumnos unha ferramenta que lles vai a seguir sendo útil máis aló das sesións de Educación Física. Supón unha oferta REAL ao tempo de lecer. Permite practicala sempre que se queira: na cidade, no campo, nas saídas habituais de lecer :cando se vai de excursion, cando se fai sendeirismo, cando se vai de acampada, cando se vai en bicicleta, cando se fai turismo, ... apetece atopar outros itinerarios máis bonitos, máis emocionantes, ... ou simplemente diferentes aos habituais. É, ademais, unha actividade FÁCIL de realizar e economicamente ALCANZABLE.

É unha actividade descoñecida para a maioría dos nosos alumnos e moi motivante.

A Orientación supón unha práctica DESCOÑECIDA para a gran maioría dos alumnos. Pero ademais, é unha actividade que se presta a un enfoque lúdico na liña de aprender xogando e probando, provocando maior grao de DIVERSIÓN e, por tanto, maior MOTIVACIÓN.

Os valores educativos que a Orientación desenvolve.

É unha actividade facilitadora da integración ( grupos heteroxéneos e mixtos)

Facilita e esixe nun primeiro momento o traballo en grupo. Require a participación de todo o grupo. Se traballamos en grupo (tríos, parellas, ...) faise necesaria a colaboración, o intercambio de opinións, a confrontación das mesmas, ... Non ten porqué haber diferenzas entre sexos nin tampouco en canto ao nivel de Condición Física. Todos poden ter éxito.

É unha actividade na que adquire vital importancia a capacidade de toma de decisións. Ademais de comprobar case ao instante se estas decisións foron ou non acertadas.

É unha actividade que incide de forma moi directa no desenvolvemento das aptitudes cognitivas, sociais e afectivas ademais das motrices e psicomotrices.

É unha actividade na que o traballo interdisciplinar é abundante e interesante, á vez que é fácil de levalo a cabo.








No hay comentarios:

Publicar un comentario